luns, 22 de febreiro de 2016

Proceso de admisión e documentación necesaria


Entre o 1 de marzo e o 29 de marzo poden presentarse as solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2016-17.


A documentación necesaria é:

Fotocopia do DNI do neno/a si o tivera.

Fotocopia do libro de familia.

Anexo II que se pode recoller no centro ou atopar na páxina da Xunta
http://www.edu.xunta.es/portal/node/18182
PODESE CUBRIR O ANEXO ON LINE E LOGO IMPRIMILO.

Anexo A, que se pode recoller no centro.

Solo se pode presentar a  solicitude nun centro ,de non seguir está norma as solicitudes duplicadas serán anuladas
.
As solicitudes fora de prazo serán enviadas a Inspección educativa.

O horario  para entregar as solicitudes estará colgado na entrada do centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario