Resumo do Proceso de admisión e matrícula para o curso 2016/17
1. Reserva interna de praza no centro: mes de febreiro. Enviarase nota as familias.
2. Reserva de praza para centro adscrito (CEP Antonio Magariños): 1 ao 15 de febreiro. Anexo I da orde do 12 de marzo do 2013 (DOG do 15 de marzo). Entregarase na E.E.I da Pastora.
3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo
4. Presentación de solicitudes de admisión: A solicitude ( anexo II) presentarase no centro de preferencia do 1 ao 29 de marzo. Acompañarase do anexo A. A solicitude é única, gratuíta e non pode estar enmendada no momento da súa presentación.
A presentación dunha nova solicitude nun mesmo centro , a fin de modificar a anterior anula a primeira, e será a nova data de presentación a que se terá en conta a efectos oportunos.
5. As solicitudes de alumnado con NEAE irán acompañadas da avaliación Psicopedagóxica feito polo centro e coa valoración feita polo EOE.
6. Cando a demanda sexa superior a oferta, a documentación entregarana as familias desde o 1 ao 12 de abril
7. Publicación das listaxes provisionaís: 25 de abril.
8. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas. antes do 15 de maio
9. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño
Ningún comentario:
Publicar un comentario