martes, 10 de febreiro de 2015

Resumo do calendario do proceso de admisión para o vindeiro curso 2015/2016

 Resumo do Proceso de admisión e matrícula para o curso 2015/16

1.  Reserva interna  de praza no centro: mes de febreiro. Enviarase nota as familias.
2.  Reserva de praza para centro adscrito (CEP Antonio Magariños): 1 ao 15 de febreiro. Anexo I da orde do 12 de marzo do 2013   (DOG do 15 de marzo). Entregarase na E.E.I da Pastora.
3.  Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo
4.  Presentación de solicitudes de admisión: A solicitude ( anexo II) presentarase no centro de preferencia do 2 ao 23 de marzo. Acompañarase do anexo A. a solicitude é única, gratuíta e non pode estar enmendada no momento da súa presentación.
A presentación dunha nova solicitude nun mesmo centro , a fin de modificar a anterior anula  aprimeira, e será a nova data de presentación a que se terá en conta a efectos oportunos.
5.  As solicitudes de alumnado con NEAE irán acompañadas da avaliación Psicopedagóxica feito polo centro e coa valoración feita polo EOE.
6.  Cando a demanda sexa superior a oferta, a documentación entregarana as familias entre o 25 de marzo e o7 de abril.
7.  Publicación das listaxes provisionaís. 30 de marzo.
8.  Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas. Atá o 5 de xuño
9.  Formalización da matrícula en educación infantil e primaria