Resumo
do Proceso de admisión e matrícula para o curso 2015/16
1. Reserva interna de praza no centro: mes de febreiro. Enviarase
nota as familias.
2. Reserva de praza para centro
adscrito (CEP Antonio Magariños): 1 ao 15 de febreiro. Anexo I da orde do 12 de
marzo do 2013 (DOG do 15 de marzo).
Entregarase na E.E.I da Pastora.
3. Publicación de postos escolares
vacantes: antes do 1 de marzo
4. Presentación de solicitudes de
admisión: A solicitude ( anexo II) presentarase no centro de preferencia do 2 ao
23 de marzo. Acompañarase do anexo A. a solicitude é única, gratuíta e non pode
estar enmendada no momento da súa presentación.
A presentación dunha nova solicitude nun mesmo centro
, a fin de modificar a anterior anula
aprimeira, e será a nova data de presentación a que se terá en conta a
efectos oportunos.
5. As solicitudes de alumnado con
NEAE irán acompañadas da avaliación Psicopedagóxica feito polo centro e coa
valoración feita polo EOE.
6. Cando a demanda sexa superior a
oferta, a documentación entregarana as familias entre o 25 de marzo e o7 de
abril.
7. Publicación das listaxes
provisionaís. 30 de marzo.
8. Publicación das listaxes
definitivas de persoas admitidas e non admitidas. Atá o 5 de xuño
9. Formalización da matrícula en
educación infantil e primaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario