luns, 22 de febreiro de 2016

Proceso de admisión e documentación necesaria


Entre o 1 de marzo e o 29 de marzo poden presentarse as solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2016-17.


A documentación necesaria é:

Fotocopia do DNI do neno/a si o tivera.

Fotocopia do libro de familia.

Anexo II que se pode recoller no centro ou atopar na páxina da Xunta
http://www.edu.xunta.es/portal/node/18182
PODESE CUBRIR O ANEXO ON LINE E LOGO IMPRIMILO.

Anexo A, que se pode recoller no centro.

Solo se pode presentar a  solicitude nun centro ,de non seguir está norma as solicitudes duplicadas serán anuladas
.
As solicitudes fora de prazo serán enviadas a Inspección educativa.

O horario  para entregar as solicitudes estará colgado na entrada do centro.

Comeza o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2016-2017

 Resumo do Proceso de admisión e matrícula para o curso 2016/17

1.  Reserva interna  de praza no centro: mes de febreiro. Enviarase nota as familias.

2.  Reserva de praza para centro adscrito (CEP Antonio Magariños): 1 ao 15 de febreiro. Anexo I da orde do 12 de marzo do 2013   (DOG do 15 de marzo). Entregarase na E.E.I da Pastora.

3.  Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo

4.  Presentación de solicitudes de admisión: A solicitude ( anexo II) presentarase no centro de preferencia do 1  ao 29 de marzo. Acompañarase do anexo A. A solicitude é única, gratuíta e non pode estar enmendada no momento da súa presentación.
A presentación dunha nova solicitude nun mesmo centro , a fin de modificar a anterior anula  a primeira, e será a nova data de presentación a que se terá en conta a efectos oportunos.

5.  As solicitudes de alumnado con NEAE irán acompañadas da avaliación Psicopedagóxica feito polo centro e coa valoración feita polo EOE.

6.  Cando a demanda sexa superior a oferta, a documentación entregarana as familias desde o 1 ao 12 de abril

7.  Publicación das listaxes provisionaís: 25 de abril.

8.  Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas. antes do 15 de maio



9.  Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño

venres, 5 de febreiro de 2016

NOVO NÚMERO DE TELEFONO

Por cambios na compañía telefónica a partires de agora temos novos números de telefono para contactar co colexio.
PARA CONTACTAR :

Tlfno: 886151177 (dirección), 886151178(secretaría-recados)
Fax:   886151179

email: eei.pastora@edu.xunta.es