mércores, 27 de febreiro de 2019


ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019/20

Entre o 1 de marzo e o 20 de marzo, ambos incluidos poden presentarse as solicitudes de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2019-2020.

O proceso pode tramitarse no centro onde se vai matricular o alumnado ou on line na páxina: https//www.edu.xunta.es/admisiónalumnado, e logo imprimilo e entregalo no Centro.

A documentación necesaria é:

- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

- Copia do libro de familia.

- Anexo II que se pode recoller no centro ou atopar na páxina da Xunta
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/


Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar. De non facelo así, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.

O horario  para entregar as solicitudes será:
 

LUNS E MARTES entre as 13:15 as 14:15
MÉRCORES, XOVES E VENRES entre as 11:00 e as 14:15.

Ningún comentario:

Publicar un comentario