Entre o 1 de marzo e o 20 de marzo, ambos incluidos poden presentarse as solicitudes de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2018-2019.
O proceso pode tramitarse no centro onde se vai matricular o alumnado ou on line na páxina: https//www.edu.xunta.es/admisiónalumnado, e logo imprimilo e entregalo no Centro.
A documentación necesaria é:
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- Copia do libro de familia.
- Anexo II que se pode recoller no centro ou atopar na páxina da Xunta
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar. De non facelo así, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.
O horario para entregar as solicitudes será:
Luns, martes e venres entre as 09:15 e as 11:30.
De luns a venres, de 13:15 a 14:15.
Ningún comentario:
Publicar un comentario