As nosa Letriñas na E.E.I. Da Pastora en Cambados
O Equipo de Dinamización da Lingua
Galega , organiza , como cada ano, “AS NOSAS LETRIÑAS”,
proxecto adicado a un escritor ou escritora, ilustrador ou
ilustradora , que escriban en galego para nenos e poidan visitar o
centro.
Ata o de agora xa pasaron polo noso
centro Mon Daporta, Moncho Caride, Eduardo Baamonde, Chema Heras,
Fina Casalderrey e Abraham Carreiro.
Desta volta , no ano 2014, “AS
NOSAS LETRIÑAS “están adicadas a Xosé Neira Vilas,
autor do considerado o primeiro clásico da literatua infantil e
xuvenil galega “ Memorias dun neno labrego”, e estará
connosco o xoves 22 de maio a partires das 12:00 horas.
SE TENDES ALGUN DOS SEUS LIBROS, AO FINAL DA CHARLA ASINARÁ OS EXEMPLARE
Ningún comentario:
Publicar un comentario