luns, 24 de marzo de 2014

CONMEMORACIÓN DO DÍA DO SÍNDROME DE DOWN

Pedro xunto con Sandra e Veli ( asociación XUNTOS PONTEVEDRA) viñeronn ao noso colexio para facernos participes da conmemoración do día do síndrome de Down. 
En días previos a coordinadora de ciclo( Loreto) invitounos a participar nunha actividade : A MALETA.
O profesorado e todo o alumnado trouxemos ao centro un obxecto significativo nas nosas vidas. O mesmo fixeron na Asociación  e descubrimos que temos moitos puntos en común. O lema foi "Todos diferentes , pero  iguaís".
Pedro contounos un conto relacionado coa aceptación da diversidade 
(Por cuatro esquinitas de nada) e Sandra amosounos cun powerpoint o traballo que están a realizar na asociación e explicounos en que consistía o síndrome de  Down.
Estivemos encantados coa visita

Ningún comentario:

Publicar un comentario