xoves, 20 de outubro de 2016

DÍAS NON LÉCTIVOS

ESTIMADAS FAMILIAS ,
 POÑEMOS NO  VOSO COÑECEMENTO QUE O VINDEIRO 2 DE NOVEMBRO NON HABERÁ CLASE .


Vista a proposta do Consello Escolar dese Centro formulada ao abeiro do disposto no
artigo 7, da Orde do 7 de xuño de 2016, (DOG número 113 do mércores 15 de xuño de
2016), pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/2017, esta Xefatura
Territorial declara non lectivos para ese centro os días 2 de novembro de 2016 e 9 de
decembro de 2016 de acordo co calendario laboral.
O que lle comunico para os efectos oportunos.



Pontevedra, 18 de octubre de 2016

O inspector xefe

Manuel Torres Vizcaya

POLO QUE DO DÍA 29 DE OUTUBRO AO 2 DE NOVEMBRO INCLUSIVE NON HABERÁ CLASE

xoves, 8 de setembro de 2016

Horarios do periodo de adaptación

Os horarios do periodo da adaptación das aulas 4º A e 4º B serán os seguintes.




Do mercores 21 ó venres 23 virán todos os nenos e nenas en horario reducido de 9:30 a 13.00

venres, 2 de setembro de 2016

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DO CENTRO

O vindeiro MARTES  6 de setembro , as 12 da mañán, haberá unha reunión para todas as familias do alumnado do centro. Nesta reunión presentaremos ao profesorado, informaremos do comezo do curso e do  material que necesitan os alumnos.
As familias do alumnado de novo ingreso terá logo unha reunión coas titoras onde se informará dos horarios de entrevista individual coas familias e do periodo de adaptación.

CALENDARIO ESCOLAR 2016-17

QUEDA A VOSA DISPOSICIÓN O CALENDARIO ESCOLAR DESTE NOVO CURSO


BENVIDOS A NOVO CURSO

BENVIDOS AO NOVO CURSO. 

luns, 20 de xuño de 2016

REUNIÓN FAMILIAS DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO

 O VINDEIRO MARTES 28 DE XUÑO AS 12:00, HABERÁ UNHA REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO.( AS DOS NENOS QUE ENTREN EN 4º DE E.I- 3 ANOS)

TERÁ LUGAR NO XIMNASIO DO CENTRO
PREGAMOS ASISTENCIA , POIS A INFORMACIÓN QUE SE VOS DARÁ E IMPORTANTE PARA QUE COÑEZADES O FUNCIONAMENTO DO CENTRO E COMO EMPEZAREMOS O VINDEIRO CURSO 2016-17


Resultado de imagen de reunion infantil 3 años

xoves, 19 de maio de 2016

Formalización de matrícula

Entre o 20 e o 30 de xuño formalizarase a matrícula do alumnado admitido  neste centro.

A documentación necesaria é:

  • 4 fotografías tamaño carnet
  • Certificado médico
  • fotocopía cartilla sanitaria
  • fotocopia vacinas
  • formulario  de matrícula : Anexo III-1 http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2015/01/28/anexoiic.pdf