Amosando publicacións coa etiqueta edlg. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta edlg. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de maio de 2014

AS NOSA LETRIÑAS 2014. NEIRA VILAS



As nosa Letriñas na E.E.I. Da Pastora en Cambados

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega , organiza , como cada ano, “AS NOSAS LETRIÑAS”, proxecto adicado a un escritor ou escritora, ilustrador ou ilustradora , que escriban en galego para nenos e poidan visitar o centro.
Ata o de agora xa pasaron polo noso centro Mon Daporta, Moncho Caride, Eduardo Baamonde, Chema Heras, Fina Casalderrey e Abraham Carreiro.

Desta volta , no ano 2014, “AS NOSAS LETRIÑAS “están adicadas a Xosé Neira Vilas, autor do considerado o primeiro clásico da literatua infantil e xuvenil galega “ Memorias dun neno labrego”, e estará connosco o xoves 22 de maio a partires das 12:00 horas.

SE TENDES ALGUN DOS SEUS LIBROS, AO FINAL DA CHARLA ASINARÁ OS EXEMPLARE