luns, 26 de febreiro de 2018

XORNADA DE PORTAS ABERTAS



ESTIMADAS FAMILIAS:
COMPRÁCENOS CONVIDALAS A UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO NOSO CENTRO.
PODERÁN ASÍ COÑECER AS NOSAS INSTALACIÓNS E OS PROGRAMAS E PROXECTOS EDUCATIVOS QUE ESTAMOS A LEVAR A CABO.
AGARDÁMOLOS O MARTES 27 DE FEBREIRO EN HORARIO DE 16:00 A 17:00.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE MATRÍCULA PARA OS NOVOS ALUMNOS/AS ABRANGUE DENDE O DÍA 1 AO 20 DE MARZO DO 2018.

luns, 5 de febreiro de 2018

ORGANIZACIÓN DO ENTROIDO NA E.E.I DA PASTORA




VENRES, DÍA 9 de febreiro, teremos  o Festival. OS NENOS VIRÁN EN HORARIO HABITUAL: 9:15 A 14:15.

Estades todos convidados (aconsellado para gozar da festa vir disfrazados).

AS  FAMILIAS  virán ás 12:30 h. A entrada será pola  cancela do patio que linda ca gardería.

Aqueles nenos e nenas que van ao comedor serán recollidos polas responsables da gardería como é  costume,  recordade que o horario de volta é o de todos os días.
 No caso de ser recollidos polas familias AO REMATAR AS CLASES comunicaranllo ás mestras ou titoras e asinarán na saída.

VENRES DÍA 16 DE FEBREIRO TEREMOS A FESTA DO REMATE DO ENTROIDO. Os nenos virán con disfraz libre. As familias colaborarán con algún doce típico de entroido, que se tomará como merenda( filloas, orellas, rosquillas , frores, chulas…). Os excedentes levaránse ao asilo de Cambados.

NON  HABERÁ  CLASE ATA O XOVES DÍA  15 de febreiro  como establece o calendario escolar para este curso.

xoves, 1 de febreiro de 2018

RESERVA DE PRAZAS PARA CEP ANTONIO MAGARIÑOS


Dende o día 1 de febreiro ata o 15 do mesmo mes, os alumnos e alumnas que están a cursar 6º de E.I. no noso centro, e que queiran ir para  o CEP Antonio Magariños, deberán solicitar a reserva de praza.
Poden facelo na E.E.I. da Pastora cubrindo o anexo I (código ED550A, Orde do 25 de xaneiro do 2017) que lle proporcionamos desde o centro entregándoo en secretaría
ou poden facelo online na páxina da xunta creada para tal fin  www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  Nesa páxina poden cargar os datos navegando polas pestanas: solicitudes/reserva de prazas/crear solicitude/.
Cubrir datos persoais/solicita/autorizacións/confirmación de solicitude.

Tamén na mesma páxina poden descargar o anexo I e entregalo na dirección do centro