Está aberto o proceso de admisión de alumnado.
Entre o 1 de marzo e o 20 de marzo poden presentarse as solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2014-2015.
A documentación necesaria é:
Fotocopia do DNI do neno/a si o tivera.
Fotocopia do libro de familia.
Anexo III-1 que se pode recoller no centro ou atopar na páxina da Xunta http://www.edu.xunta.es/web/node/8858 .
Solo se pode presentar a solicitude nun centro , de non seguir está norma as solicitudes duplicadas serán anuladas.
As solicitudes fora de prazo serán enviadas a Inspección educativa.
O horario para entregar as solicitudes estará colgado na entrada do centro.
xoves, 27 de febreiro de 2014
mércores, 26 de febreiro de 2014
ENTROIDO NA E.E.I. DA PASTORA
VENRES, DÍA 28 teremos o Festival. OS NENOS VIRÁN EN HORARIO HABITUAL: 9:15 A 14:15. Estades todos convidados (aconsellado para gozar da festa vir disfrazados)AS FAMILIAS virán ás 12:30 h. A entrada será pola cancela do patio que linda ca gardería.Aqueles nenos e nenas que van en autobús serán recollidos nas paradas de costume, recordade o horario de volta é o de todo os días.No caso de ser recollidos polas familias AO REMATAR AS CLASES comunicaranllo ás mestras ou titorasVENRES DÍA 7 de marzo, TEREMOS A FESTA DO REMATE DO ENTROIDO. Os nenos virán con disfrace libre. As familias colaborarán con algún doce típico de entroido, que se tomará como merenda. O que quede sen comer lévarase ao asilo de Cambados.NON HABERÁ CLASE ATA O XOVES DÍA 6 DE MARZO, como establece o calendario escolar para este curso.
RECORDAMOS QUE OS DISFRACES PODEN IR A CASA E USALOS NO ENTROIDO. A VOLTA TRAERANOS PARA O COLEXIO PARA PODER SER REUTILIZADOS EN FUTURAS OCASIÓNS
mércores, 19 de febreiro de 2014
Taller de robótica
Hoxe no colexio tivemos un taller sobre robótica impartido por Susana Oubiña Falcón, profesora de Tecnoloxía en Secundaria, para os nenos e nenas de 5º .
Con este taller empezamos un novo proxecto: Inventos que cambiaron os nosos fogares no último século.
Susana permitiunos aproximarnos a un tema de adultos e fixo que fora moi asequible para o noso alumnado.
Agora seguiremos aprendendo cos nosos robots e poderedes faceer un seguimento nos blogs das aulas.
Con este taller empezamos un novo proxecto: Inventos que cambiaron os nosos fogares no último século.
Susana permitiunos aproximarnos a un tema de adultos e fixo que fora moi asequible para o noso alumnado.
Agora seguiremos aprendendo cos nosos robots e poderedes faceer un seguimento nos blogs das aulas.
venres, 7 de febreiro de 2014
Charla sobre a Idade Medía
Hoxe no colexio Pedro Fernández Cuenca , pai de Erik , impartiu unha charla para todo o alumnado do centro sobre armas de combate e defensa na Idade Media. Xa sabemos que nesa época a defensa do territorio e dos castelos era unha das tarefas dos cabaleiros e soldados.
Amosounos escudos, espadas, mandobles, helmos, béstas. Agradecer a súa colaboración co proxecto do alumnado de 4º e permitirnos aos demáis niveis adentrarnos nese mundo tan interesante como é o medievo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)